Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pon en valor o papel da Feira do Bonito e Produart de Burela na promoción dos produtos do mar da Mariña lucense

Burela, 26 de xullo de 2023. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou hoxe na presentación da XXXVII Feira do Bonito e da XXI Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos (Produart), que se celebrarán en Burela entre o 4 e o 6 de agosto. O representante da Consellería do Mar puxo en valor o papel destes dous eventos, organizados pola Fundación Expomar e cos que colabora a Xunta, na promoción dos produtos do mar tanto desta localidade como do conxunto da Mariña lucense.

Antonio Basanta salientou a importancia de difundir a calidade de produtos do mar de temporada como o bonito do norte, as boas prácticas da frota galega na súa captura, mediante artes de pesca moi selectivas, ou de impulsar o seu consumo dando a coñecer os beneficios que a súa inxestión ten na saúde dos cidadáns. O director xeral tamén destacou que a celebración de eventos paralelos como Produart -con accións como talleres, conferencias ou obradoiros infantís- contribúen a achegar o mundo do mar ao conxunto da cidadanía favorecendo tamén a economía das zonas costeiras.

Exit mobile version