Site icon Crónica3.com A Mariña

As praias de Ribadeo xa contan con socorristas

Ribadeo, 2 de xullo de 2023. Os areais ribadenses contan con 7 socorristas e 2 técnicos sanitarios. A partir do 10 de xullo sumaranse 4 socorristas e outro sanitario, segundo deu a coñecer o alcalde, Dani Vega.

O rexedor contou que “desde o Concello fixemos todo o posible por contratar os socorristas necesarios para as nosas praias. O primeiro que temos que enviar é unha mensaxe de seguridade e de tranquilidade, xa que contratamos 7 socorristas e 2 sanitarios para prestar servizos nosos areais e a partir do día 10 de xullo contaremos con 4 socorristas máis e con outro sanitario. Os exames desta convocatoria van ser o día 6”.

Vega dixo que “isto foi o que nos atopamos ao chegar ao Concello de Ribadeo. Entón mos cubrir o servizo, imos dotar de vixilancia e seguridade os nosos areais e imos facer todo o posible para ir mellorando co obxectivo de que nos vindeiros anos teñamos un maior número de socorristas”.

O alcalde ribadense engadiu: “fíxose todo o que se puido, todo o que pola nosa parte puidemos facer xa o fixemos e vamos ir incrementando este servizo, que é moi necesario e fundamental e debemos apoiar desde o Concello”.

Exit mobile version