Site icon Crónica3.com A Mariña

As XXI Xornadas de Historia Local de Ribadeo que organiza a A.C. Francisco Lanza abordan os usos do monte

Ribadeo, 25 de xullo, 2023. Serán o 27 e 28 de xullo. Ás 20,30. No salón de actos da Casa da Música.

Xoves 27, ás 20,30
Charla informativa: Os usos do monte ao longo do s.XX
Xosé Antonio Meixide Fernández. Funcionario da Consellaría de Medio Rural.
Foi asesor na Dirección Xeral de Montes cando o goberno bipartito.

Venres 28, ás 20,30
Mesa redonda: Presente e futuro dos usos do monte.
Ana Cabana. Profesora de Historia no Campus de Lugo da USC.
Usos do monte e conflitividade social.
David Soto Fernández: Profesor de Historia Económica na USC.

Novas perspectivas nos usos do monte: o caso do Barbanza.
Anxo Martíns Pérez. Foi profesor de Administración de empresas no IES Porta da Auga. Impulsou a creación dunha UXFOR en Vilaframil. É presidente da Comunidade de Montes de Vilaframil.
Os usos do monte na parroquia de Vilaframil.

Iván Rodríguez Lombardero. Xeólogo ambiental, Doutor en Ciencias pola UPM.
O impacto dos aeroxeradores nos usos do monte.

Organiza: A.C. Francisco Lanza.
Colabora: Concello de Ribadeo.

Exit mobile version