Site icon Crónica3.com A Mariña

As XXVI Xornadas de Historia de Foz celebraranse do 31 de xullo ao 3 de agosto

Foz, 22 de xullo, 2023. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na casa da cultura Poeta Manuel María de Foz unha nova edición das xornadas de historia de Foz. As conferencias celébranse entre 31 de xullo e 3 de agosto a partir de 20:30

-31 de xullo as 20:30: Antón Niñe fala do escultor Xosé Rivas e a súa relación con Foz e A Mariña.

-1 de agosto as 20:30: Alexandre Vigo fala de San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum’.

-2 de agosto as 20:30: Xavier Rivera fala da II Guerra Mundial na comarca da Mariña.

-3 de agosto as 20:30: Alba Díaz fala de motíns e as revoltas na Mariña do século XIX

Exit mobile version