Site icon Crónica3.com A Mariña

Candidatos socialistas da Mariña apoian o “Ribadeo Indiano”

César Mogo e Patricia Otero defenderon a importancia dunha cita que dinamiza a economía da zona e serve para lembrar as raíces dos lucenses

Ribadeo, 8 de xullo de 2023. O Ribadeo Indiano é unha festa dedicada aos emigrantes galegos que, o século pasado, marcharon a América para buscar un porvir. César Mogo, cabeza de lista ao Senado do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, e Patricia Otero, candidata número dous ao Congreso, ataviáronse para mostrar o seu apoio a esta celebración xa consolidada na Mariña.

César Mogo expresou a importancia das festas que, como o Ribadeo Indiano, “dinamizan a economía da zona e tamén serven para coñecer as nosas raíces”. Neste senso, lembrou que “o noso pasado é a emigración”.

“Os socialistas facemos lucensismo en Madrid, como demostra a nosa implicación non só cos proxectos que están en marcha na Mariña, senón tamén coas iniciativas culturais e festas coma o Ribadeo Indiano”, engadiu Patricia Otero.

Exit mobile version