Site icon Crónica3.com A Mariña

César Mogo salienta o investimento de 53,3M€ nas estradas nacionais 640, 642 e 634

Lugo, 6 de xullo de 2023. O cabeza de lista ao Senado, César Mogo, valorou hoxe os 53,3 millóns de euros que o Consello de Ministros aprobou destinar para o mantemento e mellora de estradas na provincia de Lugo. “Supón o maior investimento que se fixo nunca nas vías de comunicación de Lugo e que mellorarán as condicións de circulación para os usuarios destas estradas”, salientou César Mogo.

O candidato socialista explicou que se tratan da N-634, que discorre de Ribadeo ata Baamonde, pasando por municipios como Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín ou Vilalba; da N-640, que atravesa o concello de Lugo, dende Guntín ata Vegadeo, pasando por Meira e A Pontenova ata chegar a Ribadeo; a N-642, a estrada da Mariña que comunica Ribadeo con San Cibrao, pasando por municipios como Barreiros, Foz, Burela ou Xove; e finalmente, a autovía A-8. “Vaise actuar sobre tres estradas que vertebran a nosa provincia e que soportan a diario un tráfico moi intenso, así como nunha vía fundamental para a comarca da Mariña como é a A-8”, asegurou.

O candidato do Partido Socialista remarcou que estas actuacións terán un impacto moi positivo tanto para os miles de vehículos que utilizan a diario estas conexións, como para os transportistas da provincia e os veciños e veciñas que viven nestes concellos, ademais de facilitar e potenciar o turismo en Lugo.

“Unha actuación necesaria que novamente trae o Goberno de Pedro Sánchez en materia de infraestruturas para Lugo. Estas vez, investindo na mellora das nosas estradas”, rematou.

Exit mobile version