Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega, tras visitar a nova residencia de maiores: “O goberno municipal traballará para que Ribadeo sexa un referente en benestar social”

Ribadeo, 4 de xullo de 2023. O alcalde, Dani Vega, visitou hoxe a nova residencia de maiores xunto á concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. Xunto a eles estivo o traballador social, José Luis Gegunde.

O rexedor comentou que “dende o goberno municipal imos traballar para que Ribadeo sexa un referente en benestar social” e que o obxectivo da visita á residencia “é trasladar todo o noso apoio aos coidadores e á dirección do centro”.

Dani Vega e Elena Sierra puideron ver unha sesión de musicoterapia e departir coas persoas residentes. O alcalde dixo que “dende logo, imos traballar para impulsar medidas para que os nosos maiores teñan todos os servizos necesarios. Tamén, imos seguir buscando orzamento e dotando nos presupostos municipais para seguir reforzando económicamente as axudas e accións que queremos levar adiante”.

E engadiu que “tanto a través da residencia municipal como a reforma agora do hospital asilo a misión é que Ribadeo sexa un referente en benestar social como concello que posúe dúas residencias municipais. Seguiremos colaborando con todas as institucións para que apoien as nosas propostas”.

Exit mobile version