O BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do país
Daniel Castro explicou que “reclamamos o incremento das pensións para aproximalas o máis posíbel a este encarecemento do coste da vida, pois esta subida dos prezos a xubilidados e pensionistas é un dos sectores ao que máis lles afecta”. O aspirante a deputado tomou nota das propostas destes colectivos, que fará chegar ás forzas políticas do Estado.
Non podemos tolerar, dixo, que as persoas maiores teñan a obriga de adaptarse ao bancos, “son os bancos os que deben adaptarse as necesidades dos nosos e nosas maiores” que merecen un trato humanizado e de calidade. Por outra parte, Castro subliñou que a exclusión financeira tamén amosa outras caras, “peches de oficinas, encarecemento do cobro por acceder á conta bancaria, realizar transferencias ou xestionar os seus aforros, accións que afectan máis gravemente ás persoas maiores ante a posta en marcha desas novas tecnoloxías”.
O BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do noso país. Daniel Castro afirmou que “é urxente frear os abusos da banca e pola parte das entidades bancarias ofrecer un trato humanizado e todos os recursos que precisan”. Castro indicou que liderará “as negociacións necesarias para protexer os dereitos das persoas usuarias da banca garantindo o acceso aos servizos sen discriminación”.