O Presidente do Club, Manuel Blanco, móstrase moi contento e orgulloso de volver contar co xogador burelense e provinte da canteira do club, “máximo xogador de Burela, da casa, coñece perfectamente o club, sabe como somos e é unha aposta de futuro, un rapaz novo con gran proxección. Coñecémolo das categorías inferiores e debemos seguir rentando a o equipo de futuro con xente nova, aproveitando tamén a parte máis veterana do equipo, tentaremos facer a mellor tempada posible”.
O xove xogador mariñán móstrase moi contento de volver ao seu fogar e equipo de toda a vida, “é certo que estaba moi a gusto en Sevilla pero cando te chaman da casa é outra cousa.. moi contento, ilusionado e con ganas de empezar”. Sobre a súa aportación á plantilla “o que me pida o Míster e crear unha boa relación cos meus compañeiros sobre todo fóra da pista para poder trasladala ao campo de xogo e entendernos ben”. Anima á afección para subir cada sábado para continuar apoiando ao seu equipo como ata agora, “Síntome moi querido aquí na casa, obviamente, espero e sei que van subir vernos e apoiarnos cada sábado, imos gozar moito, vai ser unha tempada moi bonita”.