Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle o 15 de xullo un encontro moteiro solidario para recadar fondos en beneficio da investigación do síndrome da FOXG1

Mondoñedo, 4 de xullo, 2023. O encontro moteiro solidario que acollerá a praza do Concello, o vindeiro sábado 15 de xullo, recadará fondos en beneficio da investigación do síndrome da FOXG1, unha doenza que afecta á visión, non mastican correctamente, mobilidade reducida, respiración deficitaria.

En España hai 22 nenos diagnosticados de aí que necesiten toda a axuda posible para continuar investigando sobre esta enfermidade en España, xa que actualmente só se investiga en EEUU

Dende o MotoClub 634 en colaboración co Concello de Mondoñedo e a Xunta de Galicia organizamos este evento para concienciar e visibilizar sobre esta situación e lograr financiación para que algún día podamos mellorar a vida destes rapaces.

Exit mobile version