Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova exposición na Casa da Cultura de Cervo

Unha mostra colectiva de Abraham Moreno, Raquel Arias, Daniel San Miguel e Juan Manuel Regadera, todos eles estudantes de Belas Artes, que comparten con todos nós o seu talento. Not Accademic é o título da súa obra conxunta composta por pezas de carácter visual e plástico cunha habilidade técnica que non podes deixar de apreciar, nas súas diferentes modalidades (debuxo, deseño, pintura, fotografía…). Poderase visitar durante todo o mes de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas

Exit mobile version