Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde e os concelleiros de benestar social e obras visitaron o centro de día de Ribadeo, onde o Concello realizará investimentos para conservalo e melloralo

Ribadeo, 6 de xullo de 2023. O alcalde, Dani Vega, e os concelleiros de Benestar Social e Obras, Elena Sierra e Diego Dos Santos, visitaron o centro de día. O Concello investirá para conservar e mellorar esa instalación.

O rexedor contou que “hoxe visitamos o centro de día para analizar qué temos que facer nos vindeiros anos e quixemos analizar tamén toda a actividade que se está a realizar. Comprobamos que se está a facer un traballo perfecto, un bo traballo, por parte das coidadoras e da dirección do centro de día e imos seguir trasladando propostas e impulsando moita actividade”.

Vega explicou que “tamén quixemos coñecer como está realmente o edificio e comprobamos que hai unha vella demanda de investir para conservar ese inmoble. Nestes anos non se fixo nada e o que queremos é reverter esa situación e empezar a investir para conservar e mellorar as instalacións do centro de día, ao que acoden diariamente moitas persoas”.

O alcalde subliñou que “nos traballaremos para ter uns espazos de coidado a persoas en perfectas condicións. Falamos da residencias, pero tamén do noso centro de día, que precisa dunha inversión para coidar ás persoas que alí acoden e para propoñer moita actividade que se fai nesta instalación e que nos como Concello debemos impulsar. Esa é a obriga do Concello ou de calquera administración”.

Exit mobile version