Site icon Crónica3.com A Mariña

O auditorio de Cabanela acollerá concertos os mércores de agosto

Ribadeo, 31 de xullo de 2023. O auditorio de Cabanela acollerá concertos os mércores de agosto. Roock by me. As tardes do verán son así, está cofinanciado pola Xunta e polo Concello de Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “catro mércores de agosto imos ter concertos á tardiña no auditorio de Cabanela. Serán os días 2, 9, 23 e 30 ás oito e media da tarde. Poderemos escoitar a cinco grupos no proxecto Roock by me. As tardes de verán son así, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo”.

A edil ribadense contou que “os grupos que nos acompañarán son Superglú, The Lazy Bones, Beach Avenue, The Foolans e La Indirigible. E comezamos xa este mércores, día 2. Animádevos a baixar a Cabanela a gozar da música nun marco incomparable”.

Exit mobile version