Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo activa un plan de conservación do equipamento urbano, que se une ao da limpeza viaria iniciado o pasado luns

Ribadeo, 5 de xullo de 2023. O Concello activou un plan de conservación do equipamento urbano, que se une ao da limpeza viaria iniciado o pasado luns.

O alcalde, Dani Vega, lembrou que “desde o Concello activamos un plan de baldeo e limpeza. Na vila estamos actuando e eliminando toda a sucidade que había nas rúas, no rural estamos a desbrozar toda a nosa rede viaria, xardíns, áreas recreativas ou puntos turísticos como pode ser o paseo das Aceas, os areais…”.

O rexedor subliñou que “tamén activamos un plan de conservación do equipamento urbano: bancos, papeleiras, macetas, farolas… estamos activando un adecentamento da nosa vila, que facía moita falta, e desde o Concello de Ribadeo estamos investindo para solucionar este problema, que moitos veciños nos levaban trasladando hai moito tempo”.

Vega engadiu que “tamén se fixo un baldeo dos contedores e estamos a traballar para dotar dun novo camión e novos contedores á recollida do lixo. En definitiva para ir solucionando pouco a pouco un problema que tiñamos e que entre todos creo que o podemos solucionar”.

Exit mobile version