Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro destaca a repercusión internacional e o impacto sobre a economía local do Resurrection Fest

Viveiro, 3 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro destaca a repercusión internacional e o impacto positivo sobre a economía local da edición 2023 do Resurrection Fest.

“Quero agradecer o esforzo e o traballo da organización do festival, e Viveiro estivo unha vez más á altura, sendo un pobo acolledor durante uns días de festival moi positivos para sectores como a hostalería, o comercio e os hoteis”, afirma a alcaldesa, María Loureiro

Loureiro agradece “a colaboración de todos os veciños e veciñas, sobre todo os de Celeiro, que viron alterada a sua rutina”.

O concello destaca a elevada asistencia de público e que, como regra xeral, o desenvolvemento do festival transcorreu segundo o previsto, tanto nos accesos e saídas como no interior do recinto.

Tras o remate da edición máis longa e multitudinaria do festival, o goberno municipal valora polo tanto moi positivamente a súa repercusión na economía local e destaca a alta ocupación hoteleira non só en Viveiro, senón tamén na comarca.

Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a todos os corpos e forzas de seguridade, bombeiros e Protección Civil, polo traballo e esforzo realizados, así como o traballo das voluntarias que atenderon o punto violeta do Resurrection Fest,

Exit mobile version