Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello organiza a segunda edición do concurso de karaoke ‘Viveiro canta’

Viveiro, 31 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición do concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’ dentro do programa das Festas Patronais de Viveiro.

Tras o éxito do ano pasado, a veciñanza demandaba un novo concurso e o concello decidiu realizalo en dúas quendas, o luns 7 e o martes 8 de agosto ás 22:00 horas.

“Coas dúas quendas, dámoslle máis oportunidades á xente que quere participar, tanto as persoas adultas como a rapazada”, explica a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Un evento familiar e para todas as idades, a praza Maior volverá encherse para desfrutar das interpretacións nun ambiente festivo”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

“Viveiro Canta” propón un karaoke no que poden participar persoas de todas as idades. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados en cada categoría.

As prazas no certame son limitadas, polo que as inscricións poderán realizarse no teléfono 982560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que cantará e autoría da mesma.

Exit mobile version