Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vicedo vive este venres e sábado a súa VI Romaxe Viquinga na praia de San Román

O Vicedo, 24 de xullo, 2023. O Vicedo vive este venres e sábado a súa VI Romaxe Viquinga na praia de San Román. O venres 28 ás 20.30 horas darase lectura do pregón a cargo da actriz Isabel Blanco. Ás 21.00 horas sairá o pasacalles con combate entre tropas cristiás e viquingas.

O Sábado 29 comezará a xornada ás 11.00 horas coa apertura do campamento. Ás 12.30 horas terá lugar a recreación do desembarco viquingo e ás 12.45 horas a batalla. Ás 14.00 horas comezará a comida campestre e desde as 16.00 horas renovaranse as actividades de tarde (pintacaras e tatuaxes, xogos para nenos/as, actividades en coiro…

Ás 16.30 horas dará inicio o desfile viquingo e cristián e ás 19.00 horas comezarán os xogos tradicionais viquingos. Ás 20.15 horas celebrarase o Gran Torneo Cristián con Hípica Celta e ás 22.30 horas representarase un enterro viquingo. Ás 23.00 horas actuará Ou Bruxo Queiman e ás 00.00 horas representarase unha voda viquinga.

Exit mobile version