Site icon Crónica3.com A Mariña

“O voto doblemente útil é o voto ao BNG, para defender os intereses galegos e mariñaos e para frear á dereita”

Os nacionalistas inician no Valadouro a campaña a pé de rúa que terá continuidade en todos os concellos da Mariña

A Mariña, sábado 8 de xullo 2023. Este sábado comezou en O Valadouro a campaña do BNG a pé de rúa e que terá continuidade en todos os concellos da Mariña, vila a vila e parroquia a parroquia. Participaron neste primeiro acto membros das candidaturas ao Congreso e ao Senado da Mariña, acompañando a Beatriz Álvarez, do Valadouro, que forma parte das listas ao Congreso. Asistiron tamén o responsable comarcal e o portavoz municipal no Valadouro Eduardo Chao.

Desde o BNG animan a coller a papeleta coa lista encabezada por Daniel Castro, para que a provincia e A Mariña teñan voz propia, para que A Mariña conte, e para poñerlle freo á dereita. Aseguran que o voto ao BNG é o único voto que garante ambos obxectivos e contribuirá tamén a ter un grupo forte no Congreso, sen ataduras e que faga que a axenda galega sexa decisiva na política estatal.

Chamamento a votar por primeira vez ao BNG
As candidatas e candidatos nacionalistas diríxense tamén a todas as persoas que nunca votaron ao BNG nunhas eleccións xerais, porque “para votar ao BNG non fai falta ser nacionalista, fai falta querer o mellor para Galiza e para A Mariña, fai falta simplemente querer que a sociedade galega teña capacidade para facerse valer en Madrid e levar ao Parlamento español os temas fundamentais dos que depende a mellor e o avance de Galiza e quen o pode garantir é o BNG” afirmaron.

Máis oportunidades para a mocidade e condicións laborais dignas
“Aspiramos a que Galiza poida xestionar a totalidade de políticas públicas para a mocidade, como mellor mecanismo para actuar sobre as problemáticas concretas da xuventude que se revelan diferentes, en múltiples cuestións ás do resto do Estado” afirmou Beatriz Álvarez, que se referiu tamén á necesidade de deseñar políticas de fomento de emprego xuvenil coa finalidade de crear emprego estable e unhas condicións laborais dignas, tendo como obxectivo prioritario a igualdade de condicións e oportunidades das mozas e mozos galegos.

Exit mobile version