Site icon Crónica3.com A Mariña

Os bombeiros sacan polo maleteiro o condutor dun coche logo de bater contra un farol en Burela

Burela, 28 de xullo, 2023. O vehículo envorcou sobre un lateral e deixou o condutor nunha situación abondo complexa para saír.

Por iso, tras o aviso ao 112 Galicia dunha persoa particular, activouse un operativo de rescate cos Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo.

Para poder liberar o ferido, tiveron que abrir oco polo maleteiro do coche e romper o separador de carga. Unha operación que permitiu o acceso do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que ofreceu os primeiros coidados para o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia.

O sinistro, do que se comezaron a ter datos no 112 Galicia pouco antes das tres desta tarde, ocorreu na Rúa Mariñeiro, en Burela, cando o vehículo saíuse da vía e bateu contra un farol.

Exit mobile version