Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas da provincia esixen o cese inmediato dos dresprezos de Javier Arias aos alcaldes e alcaldesas do PSOE

O Delegado da Xunta “non é digno” do cargo que ocupa como máximo representante do Presidente da Xunta na provincia porque “actúa con deslealdade, falta de respecto e soberbia” cara os responsables institucionais que non son da súa mesma cor política nun “alarde de sectarismo que resulta insultante”

Lugo, 19 de xullo de 2023. Os socialistas de provincia esixen o cese inmediato dos desprezos por parte do Delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, cara os alcaldes e alcaldesas do PSOE. Unha persoa “que está demostrando que non é digna do cargo nin sabe que lugar ocupa como máximo representante do Presidente da Xunta de Galicia na provincia” porque “actúa con deslealdade, falta de respecto e soberbia” cara os responsables institucionais que non son da súa mesma cor política nun “alarde de sectarismo que resulta insultante”.

O delegado da Xunta dá mostras continuas de desconsideración, como xa denunciaron os socialistas en diversas ocasións. Entre elas, “non convidar, e nin sequera avisar aos rexedores e concelleiros do PSOE das visitas ou actos institucionais que fai nos concellos onde gobernan os socialistas, só aos do Partido Popular”.

O último exemplo dunha “continua lista de menosprezos”, que sufriron a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a de Trabada, Mayra García Bermúdez, ou a de Vilalba, Elba Veleiro, entre moitos outros alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia, ocorreu en Castroverde coa entrega dunha certificación de calidade a unha empresa do municipio, un acto no que participou o propio Delegado co voceiro do PP, sen presenza nin comunicación algunha ao rexedor, Xosé María Arias.

Javier Arias “debe repasar a Constitución e o ordenamento xurídico e ter presente que os alcaldes e alcaldesas do Partido Socialista son os representantes lexítimos da cidadanía, saídos das urnas, elixidos polos votantes, exactamente igual que o son os do Partido Popular, polo que, basta xa deste comportamento indigno e faltón”, subliñan os socialistas.

O partido reclama así mesmo á Xunta e tamén á presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, que “asuman responsabilidades e tomen medidas” para que cese esta actitude que “é intolerable”.

Exit mobile version