Site icon Crónica3.com A Mariña

Pitero e Rikelme foron intervidos con éxito o pasado xoves 29

Burela, 6 de xullo, 2023. O pasado xoves día 29 de xuño, os xogadores, Christian Rivas García, Pitero, e Rikelme Alves Ribeira, Rikelme, foron intervidos con éxito no Hospital Ribera Polusa polo Dr. Adrián Gallego Goyanes, traumatólogo de referencia no Club, integrado nos servizos médicos da entidade e especialista en ciruxía ortopédica e traumatoloxía deportiva. En sendas operacións se lles realizou unha reconstrucción do ligamento cruzado anterior e as dúas se resolveron con éxito.

Dende o Club, desexan que ambos xogadores, fundamentais na plantilla, se recuperen canto antes, pero sobre todo e o máis importante, nas mellores condicións posibles.

Exit mobile version