Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres persoas tiveron que ser liberadas en Lourenzá

Lourenzá, 16 de xullo, 2023. Ademais, dúas persoas sufriron feridas e unha resultou ilesa ao bater dous coches e envorcar un deles, no quilómetro 578 da N-634.

Ata alí acudiron os Bombeiros de Barreiros e o GES da Pontenova, que se encargaron de liberar ás tres persoas, pola parte traseira dun dos vehículos accidentados.

Ocorreu ao fío das 20:30 horas deste sábado. Nese momento, un particular daba conta do sinistro ao 112 Galicia.

De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova e á Garda Civil de Tráfico.

Exit mobile version