Site icon Crónica3.com A Mariña

Un colectivo pide que non se permitan mascotas en verán na praia de Tupide

Foz, 29 de xullo de 2023. O colectivo de usuarios da praia de Tupide que puxo en marcha a recollida de sinaturas para demandar que se modifique a ordenanza sobre a permanencia de mascotas nesta praia durante os meses de verán, rematou este sábado ás 16h a devandita campaña.

“En primeiro lugar queremos agradecer os numeros apoios que recibimos por parte de veciñas e veciños, propietari@s de segundas vivendas e turistas en xeral, pois en menos de mes e medio acadamos 608 sinaturas”.

Serán rexistradas no Concello e entregadas ao 1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente, Francisco Fanego, quen os recibirá este luns. Alí se lle exporán os motivos da reivindicación e solicitaráselle que inicie as xestións que considere oportunas encamiñadas a correxir a ordenanza que rixe en Tupide para que se axuste ao que establece o artigo 49.4 do Decreto 153/1998 do 2 abril sobre o regulamento de protección dos animais domésticos e salvaxes en cuatividade, onde se prohibe ou se limita zonal e cronoloxicamente a permanencia de cans nas praias, especialmente se estas son frecuentadas por nenas e nenos.

“Puxemos a andar esta iniciativa despois de comprobar durante 4 anos de vixencia da actual ordenanza que a simultaneidade nunha praia urbana que non chega aos 200 m de largo e 25 de ancho -unha praia moi pequena en pleno casco urbano-, xera situacións de confictividade e sobre todo de inseguridade para as nenas e os nenos, que algunhas veces se tornaron perigosas para a súa integridade física. Para que as nenas e nenos poidan disfrutar do sentido de liberdade que deberían experimentar a esas idades na praia, xogar ou nadar tranquilamente e sobre todo para que non haxa que lamentar unha desgraza que en calquera momento pode suceder, agardamos que se impida a simultaneidade de mascotas e bañistas e se faga cumplir con rigor o que estable o citado artigo por tratarse dun areal frecuentado por moit@s pequen@s”.

Exit mobile version