Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro Centro Comercial Histórico estrea APP

Viveiro, 13 de xullo, 2023. Baixo o lema “Únete ao Club do Comercio Local, Descobre a APP +Top e Goza de todas as súas Vantaxes” a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro presentou este xoves a súa nova APP de fidelización de clientes, “VIVEIROCCH”.

Sorteos, Concursos, Premios, Promocións Exclusivas, Acumulación de Saldo, Tarxetas Regalo e moito máis nunha única aplicación do comercio local.

Á presentación acudiron o Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, a Alcaldesa de Viveiro María Loureiro e o directivo do CCHV Saúl Jimenez e a xerente Isabel Méndez.

Desde a Asociación destacan que esta nova plataforma de Fidelización dispón de múltiples funcionalidades, tanto para clientes como para asociados, e que será unha ferramenta moi útil para seguir avanzando na dixitalización do comercio local.

A través desta aplicación os comerciantes poderán realizar ofertas, promocións, crear sorteos ou concursos, xerar Tarxetas Regalo para os clientes, acumular saldo coas compras realizadas, e crear campañas circulares creando sinerxias con outros negocios.

A APP está dispoñible tanto para Android como para IOS, e para os clientes é moi sinxelo rexistrarse e gozar a golpe de clic dunha chea de vantaxes.

Poderán decatarse das últimas novidades do comercio de Viveiro, as ofertas, descontos e promocións que os negocios teñan en marcha, os produtos destacados ou de tempada, e con cada compra realizada acumular un % de saldo para descontar en futuras compras.

Coas Promocións Circulares os comercios poderán intercambiar Bonos desconto ou vales promocionais entre eles, é dicir, un cliente pode realizar unha compra nunha tenda de roupa e co ticket desa compra levar un desconto na APP para gastar nun salón de peiteado, unha óptica, unha xoiería, en calquera negocio que estea dentro da promoción circular.

Ademais, agasallar cunha Tarxeta Regalo nunca foi tan sinxelo, pódese solicitar para gastar nun único negocio ou solicitala nas oficinas do CCHV para gastar en gran cantidade de comercios. Tan só con facilitar os datos da persoa agraciada e o día que se queira que a reciba, xerarase na APP unha Tarxeta Regalo personalizada que chegará ao teléfono do agraciado o día indicado. As tarxetas trócanse a través dun código QR, polo que sempre as levarán nos seus teléfonos para gastar comodamente.

Ser socio da APP só ten vantaxes e para celebrar esta nova aventura cos clientes, sortearanse 600€ en descontos, repartidos en Bonos desconto de 20€, 60 entradas para Cinemas Viveiro e 30 entradas para Nautilus Centro de Lecer. Como participar?, simplemente subindo á APP un ticket de compra do 14 ao 31 de xullo de calquera negocio asociado.

O obxectivo perseguido con esta nova iniciativa é seguir premiando a fidelidade dos clientes, pero esta vez dando un paso adiante cara a unha modernización nos servizos.

Esta APP está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación dentro do Fondo Tecnolóxico, dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea Next Generation EU.

Exit mobile version