Site icon Crónica3.com A Mariña

A Real Filharmonía de Galicia inaugura este xoves a décima edición do ‘Festival Bal y Gay’ no Teatro Pastor Díaz de Viveiro

A Mariña, 10 de agosto, 2023. A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inaugurará a décima edición do ‘Festival Bal y Gay’ este xoves 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (20:30 horas) con todas as entradas esgotadas. A prestixiosa orquestra, emblema cultural da comunidade galega con máis de 25 anos de historia, estará dirixida por Maximino Zumalave con Adriana Winkler como concertino e 45 músicos sobre o escenario. A RFG, que abrirá o festival por cuarto ano consecutivo tras debutar en 2020, iniciará a súa actuación coa ‘Oda a Don Quixote’ de Xesús Bal y Gay como homenaxe á figura do crítico, musicólogo, compositor e profesor lucense. Posteriormente, ofrecerá ‘Pulcinella (suite, rev. 1949)’ de Igor Stravinsky e a ‘Sinfonía nº.40 en Sol Menor’ de Wolfgang Amadeus Mozart como obra final do programa. Será a primeira das 14 actuacións previstas ata o 24 de agosto no evento, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña. Preto de 4.000 espectadores acudirán aos seus concertos nas próximas dúas semanas.

“El Bal y Gay es uno de los referentes actuales del panorama gallego ya consolidado. Lo que le hace especial es que involucra no solamente a una localidad, sino a toda la comarca. Además, ofrece la posibilidad de actuar en un espacio hermosísimo como el Teatro Pastor Díaz de Viveiro”, afirmou Sabela García Fonte, directora técnica da Real Filharmonía de Galicia. A RFG inaugurará por cuarto ano consecutivo o festival tras a súa primeira presenza en 2020, edición que supuxo o inicio dos concertos sinfónicos no evento.

“Una de las misiones fundamentales de la RFG es difundir la música en todo el territorio al que da servicio. Por eso es muy importante para nosotros participar en los festivales musicales que dinamizan Galicia de manera tan extraordinaria, como es el caso del Bal y Gay. Nos permite llegar a pequeñas localidades a las que, de otro modo, sería muy complicado. Una orquesta del siglo XXI tiene que ser abierta, diversa y sensible a lo que sucede en el mundo”, engadiu García Fonte.

Exit mobile version