Site icon Crónica3.com A Mariña

Aitor Eijo entrenará ao equipo xuvenil B masculino das E.D. Caberiroá Burela FS

O ex-xogador do Burela FS incorporouse ás escolas do club laranxa para a tempada 2023/2024
Burela, 17 de agosto, 2023. Aitor Eijo Oroza, burelense de 27 anos que xa xogou no equipo xuvenil e no filial do CD Burela FS, será o novo adestrador do equipo xuvenil B masculino das Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS durante a próxima tempada 2023/2024. Tamén xogou no Xove FS durante dúas tempadas e posteriormente no Vilalba FS, no que continúa na que será, esta 23/24, a súa sexta tempada. Ademais de como xogador, tamén ten experiencia como adestrador nos equipos da base do Vilalba FS e do ACD Xove. É unha fichaxe importante para continuar co impulso das escolas da base do club burelés que cada ano medra máis, tanto nas súas categorías femininas coma nas masculinas.

Exit mobile version