Site icon Crónica3.com A Mariña

As XIII Xornadas “Memoria dun Tempo” rematan este sábado con varios actos e algúns convidados de luxo

O Vicedo, 25 de agosto, 2023. As XIII Xornadas “Memoria dun Tempo” rematan este sábado con varios actos e algúns convidados de luxo, persoas moi comprometidas coa Memoria Histórica da nosa terra.

O día comeza coa XI edición da “Homenaxe a Republican@s e Libertari@s” arredor do monolito na Ponte Vella de O Barqueiro e dende as 13:00 hras, acto no que intervendrán Xurxo Souto, Claudio Rodríguez Fer, Andrés Fernández, e cantas persoas queiran participar, pois coma sempre haberá “micro aberto” para que a xente presente fale, recite, lea, cante….porque a homenaxe aos represalidos e represaliadas pódese facer de mil maneiras e en Nordés estamos abertos a todas elas.

Tal é así que despois da homenaxe haberá un xantar de Irmandade no Chiringuito da praia de Esteiro para o que xa, por desgraza, non quedan prazas, do que xa avisamos porque fíxose mención a este xantar anteriormente e seguimos a recibir chamadas.

E xa á noitiña rematarán as Xornadas co recital de Andrés Fernández no Bar “Queiro” dende as 21:30 hras e entrada de balde, porque como ben dixo Xurxo Souto:

“a represión franquista tamén chegou á musica”, ao que engade “a propia concepción que temos hoxe sobre a nosa cultura e a nosa forma de entender a creatividade está condicionada – sen quen ninguén a cuestione – por esta pegada do terror. Compre reivindica tanto talento esquecido.

Onde trouxeron barbarie e silencio, nós queremos pousar música e fraternidade”

Por iso de sempre a música forma parte das Xornadas “Memoria dun Tempo”, ao igual que a poesía, como a que Claudio Rodríguez Fer constrúe dende a súa (e nosa) trincheira na loita pola memoria.

Exit mobile version