Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle un amistoso de pretemporada entre os equipos de baloncesto feminino Ensino Lugo e Baxi Ferrol

Burela, 21 de agosto de 2023. O Concello de Burela acolle este mércores 23 de agosto un partido amistoso de pretemporada de baloncesto feminino, que disputarán os equipos Ensino de Lugo e Baxi de Ferrol.

Presentaron o evento, por parte do Club Baloncesto de Burela, Rogelio Cayón, por parte do Ensino de Lugo, Cata Pollini, e por parte do Concello de Burella, o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.

O encontro terá lugar o mércores día 23 de agosto ás 20:00 no pavillón Vista Alegre. A entrada será de balde.

Exit mobile version