Site icon Crónica3.com A Mariña

Celeiro de Mariñaos celebra o San Caetano coa XXVI edición da Festa da Tortilla

Este venres e sábado, 18 e 19 de agosto, o entorno da capela encheráse de música, sons, xogos gastronomía e diversión con diferentes grupos e diversas actividades

Barreiros, 14 de agosto, 2023. Organizada pola Asociación Cultural e veciñal Irmandade San Caetano os días 18 e 19 de agosto terá lugar en Celeiro de Mariñaos a romería na honra do mencionado santo, coa XXVI edición da Festa da Tortilla. Hoxe presentouse oficialmente o evento a carón da capela coa presenza dos membros da directiva e e veciños colaboradores do evento.

A capela de San Caetano, ao igual que o pazo homónimo contiguo a ela é do século XVII e desde esa data hai constancia da celebración desta romería na honra do santo, así como das feiras de San Agostiño, que se celebraron tamén arredor do santuario ata finais do século XIX, ao igual que as festas da Espiña. Neste histórico enclave, próximo ao Castro de San Caetano desenvolverase esta romería que según os organizadores trata de “manter a esencia das romerías e festas da parroquia, donde o importante é a sana diversión e a confraternización entre veciños e romeiros nun ambiente familiar e con actividades, música e espectáculos para todas as idades”. “Somos devotos de San Caetano pero tamén somos devotos do palco de lona, e da música en vivo e en directo e contando sempre con músicos de primeiro orde”, afirmou Xavier López, presidente da comisión que leva na organización das festas desde o ano 1987.

Toxo Guayaba, Dj Zé Pequeno, Pakolas, Xaramolo, Os Lambós, LouBand, Duo Tropical componen a oferta musical desta festa

A festa comenzará o venres 18 a partir das 21:00 coa cea de San Caetano amenizada polo grupo “Os Lambós” e na que se poderán degustar torrezmos de panceta, chourizos, empanada e viño. Despois haberá as actuacións de Toxo Guayaba e Dj Zé Pequeno.
O sábado 19 haberá na capela a misa e procesion de San Caetano ás 13:00, e seguidamente haberá unha intensa sesión Vermu-tortilla que se prevé lonbga no campo da festa, a cargo da charanga LouBand.

Pola tarde actuará o cuarteto tradicional Xaramolo, e ás 19:00, Pakolas, espectáculo de rock infantil. Ás 20:00 terá lugar o concurso Máster Tortilla e a partir das 22:00 haberá verbena co dúo Tropical.

Exit mobile version