Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo será o escenario do I Trail A Fume de Carozo o sábado, 2 de setembro

Está prevista unha andaina de 13 quilómetros, un trail curto de 16 quilómetros, e outro de 25 quilómetros

Cervo, 18 de agosto de 2023. O Concello de Cervo será o escenario do I Trail A Fume de Carozo o sábado, 2 de setembro, a partir das 10:00 horas.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, en San Cibrao, onde se situará a saída e a meta do evento, en concreto na Praza dos Campos.

Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros cun desnivel aproximado de +300 metros, un trail de 16 quilómetros cun desnivel aproximado de +600 metros e un trail de 25 quilómetros cun desnivel aproximado de +900 metros.

Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a Andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.
Toda a información relativa ao evento está dispoñible nas redes social do Club A Fume de Carozo e a inscrición pode formalizarse a través da ligazón: https://ccnorte.com/evento/index/dp/9?search&fbclid=IwAR3-d0kZP3KmnIj-_eGRewNRmsQXTtbmnqlj4gs0-WgEy-WHjP7HZXr7D04

Todas as persoas inscritas recibirán un agasallo, e a inscrición inclúe seguro, avituallamento, dorsal e servizo de duchas no pavillón municipal.

En ámbolos dous trails haberá categorías absoluta (18-39 anos), veteranos A (40-49 anos) e veteranos B (de 50 anos en diante), tanto masculina como feminina; e haberá ademais un trofeo específico para o mellor clasificado e a mellor clasificada local.

Desde o Concello de Cervo animan a desfrutar desta proba que é ademais un escaparate turístico de primeira orde, que permitirá ás persoas participantes descubrir os atractivos do noso municipio, tanto da costa como do interior, desde outra perspectiva, facendo deporte.

Exit mobile version