Site icon Crónica3.com A Mariña

Problemas de escaseza de auga en Alfoz

Alfoz, 3 de agosto, 2023. Trala revisión dos diferentes mananciais que abastecen os depósitos de auga potable do noso concello e ante a situación de seca prolongada que está a sufrir a maior parte da nosa comarca, vémonos na obriga de tomar medidas restritivas de carácter urxente para manter os mínimos niveis imprescindibles necesarios na rede municipal de auga.

Nestes últimos días houbo que tomar medidas de continxencia, como foron algúns cortes de subministro puntuais, unicamente para evitar o descebamento dos depósitos que provocarían o corte total de auga durante un período moito máis prolongado. En todos estes casos, comunicouse coa maior cantidade de negocios afectados para informar da situación e que puideran tentar paliar danos na súa actividade na medida do posible.
Desde o concello estase a traballar a reo para atopar a causa, ou causas, deste consumo de proporcións nunca vistas. Entre as actuacións que se están preparando para tratar de localizar o problema non se descartan máis cortes de subministro.

Rógase á veciñanza a máxima colaboración e responsabilidade no uso e consumo da auga no seu día a día, polo que se PROHIBEN os seguintes usos da auga municipal:

Rego de xardíns, parques e zonas verdes.
Baldeado de beirarrúas, fachadas e outras superficies.
Encher piscinas.
Lavados de coches.
Calquera uso non esencial.

Por outra banda, estase en contacto coas diferentes administracións para estudar posibilidades de actuación ante situacións de seca por múltiples causas.

Exit mobile version