Site icon Crónica3.com A Mariña

Este martes, 15 de agosto, celébrase aa ‘XLV Gran Tirada Concello de Viveiro’

Viveiro, 11 de agosto de 2023. O próximo martes, 15 de agosto, o Club de Tiro San Roque organiza a ‘XLV Gran Tirada Concello de Viveiro’.

A presentación do evento foi esta mañá no concello coa presenza da alcaldesa, María Loureiro, e representantes do Club de Tiro San Roque.

A tirada estará limitada a 84 tiradores e está valorada en 5.000 euros. Inscrición previa ata este domingo, 13 de agosto, ás 19:00 horas no whatsapp 616 933 646.

“Unha cita xa clásica que volve este mes de agosto para os afeccionados e afeccionadas ao tiro, agradecendo o traballo dos organizadores”, asegura María Loureiro.

Exit mobile version