Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez destaca o impulso do Concello de Burela e a Asociación Ledicia para consolidar a Feira do Bonito como unha das citas referencia da Mariña

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o impulso do Concello de Burela e a Asociación Ledicia para consolidar a Feira do Bonito como unha das citas gastronómicas de referencia da Mariña. Isabel Rodríguez asistiu este sábado á festa de Interese Turístico Nacional e acompañada da alcaldesa da localidade, Carmela López, agradeceu o traballo dos voluntarios para que esta fin de semana os burelenses e turistas poidan degustar 3.500 quilos deste produto de excelente calidade.

Exit mobile version