Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Penabad, novo adestrador nas Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS

O mariñán especialista en Educación Física e Técnico Superior en Animación de Actividades Físico-Deportivas, Manuel Penabad Franco será o novo adestrador do equipo Prebenxamín B das Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS para a tempada 2023-2024. Unha canteira que cada año medra a pasos axigantados, é a que se está creando nesta escola de fútbol sala onde nenas e nenos de todas as idades poden xogar e experimentar o deporte estrela de A Mariña da mano dos mellores técnicos e profesionais. Manuel foi adestrador en prácticas durante a pasada tempada 22-23 no equipo xuvenil da liga galega da escola.

Exit mobile version