Site icon Crónica3.com A Mariña

Noelia Montoro vístese de Laranxa para a próxima tempada

A muleña será a terceira incorporación do equipo para afrontar unha tempada con grandes retos

Burela, 8 de agosto, 2023. Noelia Montoro Susarte, Noelia Montoro, é a terceira fichaxe do Pescados Rubén Burela FS para esta próxima tempada 2023-2024 na que o reto de manter todos os títulos que gañaron a pasada será unha tarefa difícil. O á-peche de 25 anos incorpórase ao conxunto de Julio Delgado para contribuír a continuar facendo historia cun equipo que todo o gaña. A xogadora murciana provén do STV Roldán, onde xogou e destacou durante 3 tempadas, competindo a un gran nivel especialmente durante a pasada tempada na que se clasificaron para a Supercopa e competiron a final da Copa de Réina fronte ao finalmente vencedor Burela FS. Natural de Mula (Murcia), Montoro iniciouse no fútbol sala en 2008 no equipo da súa cidade, PDM Mula, onde xogou ata 2014 que ficha polo UCAM O Pozo ata o 2020 que se vai ao STV Roldán ata a pasada tempada. Importante incoporación a unha plantilla que o ano pasado chegou bastante xusta a todas as finais que se levou, todas.

O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, confía en que esta nova fichaxe será fundamental para afrontar o novo reto, “É unha xogadora que creceu moito no anterior equipo, o Roldán, un moi bo equipo e é unha xogadora internacional. Vai reforzar ben a defensa, vai á dar unha importante estrutura sobre todo a nivel defensivo para manter a intensidade durante todo o partido en ataque e en defensa e mesmo dar un plus potencia. Ten unha moi boa traxectoria e gran experiencia en Primeira División.

Con moita paixón e ganas chega Noelia ao equipo, interesada tamén nas condicións “Sempre me chamou a atención o sistema do club, as condicións e profesionalización das xogadoras. Ademais da súa ambición e carácter en todas as competicións que participan. Paréceme un grandísimo club”. As súas espectativas, “Aportar intensidade, garra e seguridade. Apoiar ás miñas compañeiras e transmitir boa enerxía. E como aprendizaxe, render ao meu máximo nivel, competir e gozar con todo o equipo”. Os seus obxectivos, “Mellorar, competir e axudar ao equipo para conseguir todos os obxectivos”. Deixa unha mensaxe á afección, “Que teño moitas ganas de empezar e de xogar en Vista Alegre para desfrutar coa grandísima afección que ten o club”.

Exit mobile version