Site icon Crónica3.com A Mariña

O ‘Festival Bal y Gay’ presenta a Rocío Pérez, cantante española de gran prestixio europeo, este domingo en Ribadeo

A Mariña, 12 de agosto, 2023. Rocío Pérez, unha das sopranos españolas máis internacionais, actuará na terceira xornada do décimo ‘Festival Bal y Gay’ este domingo 13 de agosto no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo (20:30 horas). A cantante madrileña, que conta cun gran percorrido a nivel mundial, ofrecerá un recital en compañía do pianista Javier Carmena con obras de García Leoz, Obradors, Händel, Donizetti ou Puccini. Unha gran oportunidade para escoitar en vivo á artista de Parla, que interpretou roles principais en teatros europeos de primeiro nivel e foi galardoada en diversos concursos de renome. Será a terceira das 14 actuacións previstas ata o 24 de agosto no evento, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña. Preto de 4.000 espectadores acudirán aos seus concertos durante estas dúas semanas.

“Es un verdadero placer volver a Galicia para hacer lo que más me gusta. Es una tierra que disfruto mucho cada vez que voy a cantar. Es mi primera vez en el festival, pero estoy segura de que será mágica. Es maravilloso tener un festival como Bal y Gay, que ofrece música de calidad en lugares tan especiales”, afirmou Rocío Pérez sobre a súa desexada visita a Ribadeo o 13 de agosto.

“Se tratará de un concierto de canción y ópera variado y ameno, en el que ofreceremos tanto repertorio español como internacional”, ha añadido Pérez. Una cita a la que llegará “en un momento feliz, disfrutando mucho. Mi voz está más asentada que nunca y tengo la posibilidad de mostrarlo en algunos de los teatros más importantes de mi país y de Europa”.

Exit mobile version