Site icon Crónica3.com A Mariña

O pavillón do Martínez Otero luce nova cuberta

Foz, 4 de agosto, 2023. Ao longo de todo o curso non foron poucas as obras que se realizaron no Colexio Martínez Otero, todas elas destinadas a acondicionar, modernizar e mellorar o centro, tanto por dentro coma por fóra.

No día de hoxe, deu comezo unha mellora moito máis visible e de maior envergadura que renovará, por completo, a cuberta do pavillón do Colexio (chapa, canalóns e material adicional).

Esta obra rolda os 80.000€ e supón un gran paso adiante na modernización dun dos puntos estratéxicos do noso centro, posto que o pavillón do Martínez Otero é utilizado polo noso alumnado e tamén por diversas entidades deportivas e culturais da nosa vila.

Traballaremos para que a obra interfira o menos posible posto que se están a empregar grúas de gran tonelaxe, e agardamos que no novo curso todos podamos desfrutar do resultado final.

A Fundación Martínez Otero aposta, decididamente, por un Colexio moderno e de futuro.

Exit mobile version