Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, visitan unha respostería artesanal e ecolóxica posta en marcha por dúas galegas retornadas

Ribadeo, 31 de agosto de 2023. O alcalde, Dani Vega, agradece a visita a Ribadeo do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a colaboración da Xunta con dúas galegas retornadas que decidiron poñer en marcha a súa empresa neste concello.

O rexedor contou que “hoxe Antonio Rodríguez Miranda visitou Ribadeo. O secretario xeral de Emigración visitou unha empresa; concretamente Pan de Limón, a cal tivo unha axuda importante que é a mostra de colaboración da Xunta de Galicia con todo o tecido económico empresarial do noso pobo”.

Vega explicou que “as axudas, que parten de 6.000 euros e poden chegar a 10.000, están pensadas no Plan Retorno da Xunta desas persoas que veñen a Galicia, queren emprender un proxecto e con iso tamén impulsar a economía dun pobo, neste caso de Ribadeo”.

O alcalde ribadense subliñou que “as colaboracións por parte da Xunta de Galicia e tamén do Concello de Ribadeo son fundamentais nun proxecto dunha persoa para emprender e establecer un marco empresarial cada vez máis importante no noso concello.

Agradecemos a visita de Rodríguez Miranda e agradecemos tamén que a Xunta siga colaborando con Ribadeo e siga colaborando e pensando sempre nas empresas, nos proxectos que se establecen en vilas e concellos que son fonte de riqueza para todos”.

Exit mobile version