Site icon Crónica3.com A Mariña

O Seminario de Estudos do Valadouro presentará o venres, 25 de agosto ás 20:00h no Castelo de Castrodouro, un novo caderno: “Ditos e refráns do Valadouro” ilustrados por Xosé Branco; e a exposición da súa obra que permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro

Lionel Rexes, autor da recopilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro. O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.

Exit mobile version