Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Bombeiros liberan a un home que quedou atrapado baixo o tractor que conducía en Muras

Muras, 7 de Agosto, 2023. Ata o lugar dos feitos, nunha zona de monte en Pastizal da Balsa, no concello lucense de Muras, desprazouse un helicóptero medicalizado, que tras quedar liberado, trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia.

Faltaban dez minutos para as tres desta tarde cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactaba co 112 Galicia para informar dun accidente cunha máquina agrícola no monte e cun varón atrapado. Indicaban que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se desprazaba neses intres cara o lugar.

A partir de aí, os xestores do 112 informaron aos Bombeiros de Vilalba, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil.

Unha vez liberado, os bombeiros confirmaron o traslado do ferido na aeronave. Así mesmo, comunicaron que tiveran que proceder a asegurar o vehículo, ao existir risco de que se precipitara por unha pendente e que unha guindastre efectuará a súa retirada.

Exit mobile version