Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro non considera acaída a localización dos aseos portátiles dos xardíns Noriega Varela

Viveiro, 25 de agosto, 2023. A primeiros do verán o Concello tomou a decisión de instalar uns aseos portátiles nos xardíns Noriega Varela. “Entendemos a decisión nunha tempada na que a poboación de Viveiro se incrementa considerablemente pola moita afluencia de persoas que teñen o noso concello como destino de vacacións e que deben ser atendidas debidamente, aínda que non consideramos idónea a súa ubicación”.

“Non parece de recibo que, estes aseos portátiles se instalen en pleno paseo de fachada da ría, dando unha imaxe moi deficiente de toda a contorna. Un concello coma o de Viveiro, declarado de excelencia turística, debe ser mais coidadoso con este tipo de decisións, e buscar ubicacións mais axeitadas e de menor impacto”, engaden.

Por todo o exposto, Por Viveiro roga ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para elixir unha localización mais axeitada dos aseos portátiles, situados actualmente nos xardíns Noriega Varela, nas vindeiras ocasións que se decida a súa instalación.

Exit mobile version