Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematado o campus do Atlético de Madrid, que se estivo celebrando en Ribadoe desde o pasado 31 de xullo

Ribadeo, 5 de agosto de 2023. Un total de 115 participantes se deron cita en Ribadeo na terceira edición do Campus do Atlético de Madrid, que deu comezo o pasado 31 de xullo e que rematará hoxe, 5 de agosto. Segundo os organizadores debido ao éxito da cita xerouse unha lista de máis de 20 nenas e nenos interesados a maiores.

Ata o Campus do Atlético de Madrid se desprazaron na xornada de onte o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. O rexedor felicitou á organización pola gran acollida desta cita deportiva e agradeceu que “unha vez máis elixisen Ribadeo para impartir este campus, pola promoción que supón para a nosa vila e polos valores que lles transmiten aos asistentes. Ribadeo é unha vila aberta, que conta con diversas instalacións deportivas para acoller esta e outras propostas, que sempre estamos encantados de recibir”.

Exit mobile version