Site icon Crónica3.com A Mariña

Silvia Rubal volve ao CD Burela FS

Silvia Rubal incorpórase á estrutura do club en calidade de xogadora do filial feminino e adestradora da base

Burela, 1 de agosto, 2023. A burelense e ex-xogadora do Pescados Rubén Burela FS, Silvia Rubal volve á casa como xogadora do filial e como adestradora da base tras cinco anos de experiencia en Italia, formando tamén parte a pasada tempada dos clubs Castro FSF e Vilalba FSF.

Silvia aportará experiencia ás xogadoras da base e servirá de referente como xogadora e adestradora. Nesta última faceta conta tamén cunha ampla traxetoria nos seus últimos equipos, tanto en Italia coma en España.

Na presente tempada Silvia será una peza fundamental no filial de primeira autonómica feminina e compaxinará funcións como adestradora do equipo de liga galega cadete.

Exit mobile version