Site icon Crónica3.com A Mariña

Sinfónico no Rural, novo curso en alfoz

Alfoz, 31 de agosto, 2023. Sinfónico no Rural, un programa de educación musicosocial gratuíto e inclusivo dirixido á infancia que, a través da música, pretende formar persoas que de maneira activa, inclusiva e equilibrada constrúan unha comunidade máis xusta e transformadora. Así pois, os nenos e nenas son os protagonistas do programa, xa que eles serán en axentes activos neste cambio.

Devandito cambio desenvolverase nas seguintes áreas:

. A nivel individual, familiar, grupal e comunitario
. Cambios no contexto social, educativo e cultural da zona

Por iso, a integración da comunidade e dos seus axentes é fundamental no programa, xa que traballaremos por e con ela. Para iso, buscaremos sempre as súas potencialidades e traballaremos para colaborar na superación das súas necesidades. Así pois, tras unha análise das mesmas, levará un Plan de Acción: deseño dunha acción concreta e axustada ao territorio.

Os nosos valores son:

. Crear conciencia crítica.
. Feminismo
. Inclusión da diversidade
. Perspectiva de coidados entre os participantes.
. Participación da Infancia na comunidade.
. Perspectiva ecoloxista e de coidados do grupo

Así, este espazo colectivo que favorece o benestar integral e a transformación sociocultural a través da música está dirixdo a nenos de 7 a 12 anos. Para solicitar máis información ou facer xa a preinscripción para o este curso haberá que chamar ao 699 410 878.

Exit mobile version