Site icon Crónica3.com A Mariña

Tralo falecemento do alpinista Ramón Blanco, o Concello de Viveiro amosa o seu fondo pesar

Viveiro, 25 de agosto, 2023. O Concello de Viveiro quere amosar as súas condolencias ante o pasamento do alpinista Ramón Blanco. O conxunto da corporación municipal e a súa alcaldesa, María Loureiro, trasladan o seu fondo pesar á familia e amizades dunha persoa estreitamente vinculada a Viveiro.

Ramón Blanco, un referente no mundo do alpinismo, ascendeu a algúns dos cumios máis altos do mundo, entre eles o Monte Everest. Ademais, o alpinista tiña unha especial vinculación coa Camovi, a Carreira de Montaña Montes de Viveiro, que se celebra anualmente na vila. De feito, Ramón Blanco participara nos últimos anos nesta proba de 42 km, onde se lle realizara unha emotiva homenaxe en 2022.

Exit mobile version