Site icon Crónica3.com A Mariña

Un accidente entre tres coches deixou este martes dúas persoas feridas en Foz

Ocorreu na estrada que conecta as praias de Rapadoira e Llas, e as dúas persoas feridas, ocupantes dun mesmo vehículo, foron evacuadas ao Hospital de Burela. De feito, foi unha delas a que contactou co 112 Galicia logo de sufrir a colisión, contra as 13:20 horas, precisando que había outros dous coches implicados. No operativo participaron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargou da evacuación en ambulancia, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Foz. Informouse tamén aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Foz.

Exit mobile version