Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle desde este xoves unha mostra para lembrar a figura do poeta Carlos Oroza no centenario do seu nacemento

Viveiro, 2 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro mantén vivo o recordo dun dos seus veciños máis ilustres, o poeta Carlos Oroza, que desde mañá ás 12.00 horas é o protagonista dunha exposición ao aire libre nos Xardíns Noriega Varela.

O viveirense é un poeta adscrito á xeración beat, de inspiración rebelde e contracultural, recoñecido polos seus excelentes recitais. Era un mestre no arte da poesía oral e un referente que impresionaba pola súa forza e a viveza da súa voz.
Aínda que marchou moi novo de Viveiro cara a Madrid e residiu a maior parte da súa vida en Vigo, Oroza deixou pegada na súa vila natal e agora os veciños e veciñas poderán achegarse á súa figura.

“Estamos moi orgullosos de contribuír a por en valor a obra dun dos referentes da poesía oral no noso país. Viveiro é berce de moitos grandes nomes da nosa literatura e dende o Concello estamos moi satisfeitos de dar a coñecer o seu legado”, afirma a alcaldesa de Viveiro María Loureiro.

A mostra conta con seis cubos con imaxes e textos que fan un percorrido pola súa vida e a súa obra.

Exit mobile version