Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro contará con dúas pantallas para seguir a Adrián Ben na final de 800 metros lisos do Campionato do Mundo de Atletismo

Viveiro, 25 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro informa que a veciñanza poderá seguir en dúas pantallas a final de 800 metros lisos do Campionato do Mundo de Atletismo, na que competirá o viveirense Adrián Ben.

A proba final de 800 metros lisos está programada para as 20.30, polo que a cidadanía poderá achegarse con tempo para animar a Adrián Ben en calquera das dúas pantallas.

Dunha banda, o Concello colocará unha pantalla na praza maior de Viveiro. Doutra banda, o Concello xestionou coa Comisión de Festas e coa orquestra os medios técnicos para situar outra pantalla no palco da orquestra na Romaría do Naseiro.

O Goberno local felicita “en nome de toda a vila, a Adrián Ben por lograr a súa clasificación para esta gran final. Este sábado todo Viveiro apoiará ao deportista, que é un exemplo de traballo e esforzo”.

Exit mobile version