Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa está en Ribadeo o autobús de RTVE ‘Tu futuro se escribe con D’ para mellorar as competencias dixitais

Ribadeo, 25 de agosto de 2023. Ribadeo recibe a visita do autobús de RTVE que leva por toda España a campaña denominada Tu futuro se escribe con D para mellorar as competencias dixitais. Está situado no Parque de San Francisco desde onte ata mañá pola tarde.

O horario de visita é de 12 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas.

O autobús conta con xogos, como un scape room dixital ou o coñecidísimo xogo da oca, en formato dixital; unha forma de practicar os contidos aprendidos, que se centrarán en utilizar teléfonos móbiles, navegación con mapas, como realizar unha videoconferencia, uso de redes sociais, un robot educativo ou Eva, que é un asistente dixital.

Ata o autobús se achegaron hoxe o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent.

Exit mobile version