Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro recuperará a vindeira semana o seu horario de inverno

A partir do 18 de setembro, de luns a venres abrirá ao público de 8:30 a 15:00 e de 16:30 a 20:30, mentres que os sábados dará servizo de 10:00 a 14:00

Viveiro, 15 de setembro de 2023. A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro recuperará a vindeira semana o seu horario de inverno. Así, a partir do luns, 18 de setembro, de luns a venres abrirá ao público de 8:30 a 15:30 e de 16:30 a 20:30. No caso dos sábados, prestará servizo entre as 10:00 e as 14:00 horas.

A Volta á actividade polas tardes e as mañás do sábado unha vez finalizado o verán coincide coa programación dunha serie de actividades para as vindeiras semanas, dentro do ciclo “Ler conta moito”, unha iniciativa que a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, enmarca na continua aposta do Concello de Viveiro “por promover a lectura dende a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo”.

A primeira destas citas é hoxe mesmo. Está dirixida a un público xuvenil e adulto e contará como poñente coa escritora compostelá Yolanda Castaño. Será na sala multiusos do Concello de Viveiro comezará ás 20:00.

O sábado 7 de outubro a propia sala multiusos acollerá ás 12:00 “O que levamos nas maletas”, do músico e cantante Magín Blanco, para público a partir de 3 anos.

E ás 12:00 do sábado 14 de outubro na mesma ubicación será a quenda de ‘Contos do mundo: as viaxes de Irene”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia.

A asistencia a estas actividades será, en todos os casos, de balde ata completar aforo. Poderanse reservar prazas acudindo previamente á biblioteca a retirar as entradas.

Exit mobile version